A Deputación adxudica por 460.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-8404 Piñeiro-Arcos de Cuntis

A actuación desenvolverase nun tramo de algo máis de 3,4 quilómetros e permitirá mellorar a capacidade que a estrada ten na actualidade, garantindo á súa vez a seguridade viaria

11/04/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou hoxe que a Xunta de Goberno acaba de adxudicar por 462.252 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-8404 Piñeiro-Arcos, en Cuntis. O obxectivo desta actuación, segundo explicou, é “mellorar a seguridade e funcionalidade desta vía, promovendo unha mobilidade segura e adecuada para a cidadanía, cunha posta a punto total que, sen dúbida, marcará un antes e un despois nesta estrada”.

En concreto, as obras desenvolverase nun tramo de algo máis de 3,4 quilómetros desta estrada provincial, onde se instalará unha nova capa de rodadura, solucionaranse os actuais problemas de filtracións de auga, renovarase a sinalización e construiremos novas cunetas. Ademais, nas zonas peonís colocaranse lousas hidráulicas para completar as beiravías.

As obras na estrada provincial EP-8404 entre Piñeiro e Arcos forman parte dos traballos que a Deputación está levando a cabo melloras nos 1.600 quilómetros da rede de estradas provinciais. “O noso obxectivo é que as vías provinciais estean á altura das demandas actuais da cidadanía”, remarcou o vicepresidente provincial quen engadiu que “estamos destinando recursos, como nunca antes se fixera, para garantir un óptimo estado destas estradas, que son tan importantes para o noso territorio”. 

videos

audios