A Deputación avanza que destinará máis de 1,2 millóns de euros á financiación íntegra da mellora do espazo público na contorna da igrexa e cemiterio de Santa Baia de Donas, en Gondomar

O deputado provincial Jesús Vázquez Almuíña visitou hoxe este espazo no que o organismo investirá 900.000 € do Plan Extra e máis de 300.000 euros do +Provincia que se aprobarán este venres

23/04/2025

Jesús Vázquez Almuíña xunto co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira

O deputado provincial Jesús Vázquez Almuíña visitou hoxe xunto co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, Donas, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar integramente as obras de adecuación urbana e mellora do espazo público na contorna da igrexa e cemiterio de Santa Baiona, cun investimento de máis de 1,2 millóns de euros. Almuíña lembrou que para esta actuación o organismo provincial xa comprometera 900.000 euros do Plan Extra Provincia Extraordinaria e anunciou que este venres, en Xunta de Goberno, se aprobarán outros 308.000 euros do Plan +Provincia para completar o orzamento e financiar o 100% da actuación.

O deputado provincial deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos, que permitirán ao Concello de Gondomar recuperar o carácter de espazo público e o acondicionamento das redes de servizos na contorna do núcleo de Mosteiro, na parroquia de Donas. A obra prevé rexenerar o actual estado de tramo rodado a espazo peonil e para elo vaise crear un espazo accesible cunha plataforma única, que incluirá espazos verdes con vexetación autóctona. Tamén se instalará novo pavimento e novas canalizacións para completar a rede soterrada existente de baixa tensión e crearase unha nova rede de saneamento de pluviais, así como a pre-instalación da rede de telecomunicacións e a renovación da rede de abastecemento. A actuación completarase coa recuperación e posta en valor da fonte e lavadoiro e coa dotación de novo mobiliario urbano na contorna.

Almuíña recordou que “somos un goberno que escoita e atende aos concellos” e “estamos a transformar a provincia con programas como o Plan Extra, que ascende aos 38 millóns de euros para financiar proxectos estratéxicos nos concellos, ou o Plan +Provincia,  dotado con 48,2 millóns de euros”. O deputado provincial asegurou que “o noso obxectivo principal é que a provincia avance como nunca antes fixera”, e “con plans como estes concellos como Gondomar están a afrontar investimentos e a impulsar actuacións transformadoras, que modernizan o territorio e melloran a calidade de vida da veciñanza”.

Noticias relacionadas

{"classPK":12397786,"groupId":"37861","name":"20250314_roldaprensa_rafaestevez_05.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Rafa Domínguez","title":"20250314_roldaprensa_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"596253fc-8687-9efe-8991-2f3a8ad19476","fileEntryId":"12397786","resourcePrimKey":"12397903"}

A Deputación aproba achegas por valor de máis de 1,1 millóns de euros para que oito concellos da provincia realicen melloras en equipamentos deportivos

  14/03/2025

{"classPK":12395933,"groupId":"37861","name":"20250313_jesus_vazquez_almuina_campo_as_cercas_gondomar.jpeg","alt":"O deputado provincial Jesús Vázquez Almuíña visitou hoxe o campo de fútbol das Cercas","title":"20250313_jesus_vazquez_almuina_campo_as_cercas_gondomar.jpeg","type":"document","uuid":"732f68a0-1441-a565-5bec-8887f6696863","fileEntryId":"12395933","resourcePrimKey":"12395950"}

A Deputación avanza que este venres aprobará unha axuda de preto de 160.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética nos campos das Cercas e as Gaiandas, en Gondomar

  13/03/2025

{"classPK":12285238,"groupId":"37861","name":"20250228_luislopez_xuntagoberno_jphilippot_01.jpg","alt":"rolda de prensa de Luis López","title":"20250228_luislopez_xuntagoberno_jphilippot_01.jpg","type":"document","uuid":"35c862c8-7c66-fa0a-e084-2fe52fb2473b","fileEntryId":"12285238","resourcePrimKey":"12285264"}

Luis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 2,2 millóns euros para que 13 concellos impulsen investimentos, afronten gasto corrente e contraten persoal

  28/02/2025