A Deputación aproba achegas por valor de máis de 1,1 millóns de euros para que oito concellos da provincia realicen melloras en equipamentos deportivos

Son recursos do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 8 millóns de euros para os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, que chegan esta semana a Gondomar, Marín, Moaña, Moraña, Mos, Pontecesures, Poio e O Porriño

14/03/2025

Conferencia de prensa de Rafa Domínguez

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar novas achegas por valor de máis de 1,1 millóns de euros do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que Gondomar, Marín, Moaña, Moraña, Mos, Pontecesures, Poio e O Porriño realicen melloras en diferentes equipamentos deportivos. Como explicou o vicepresidente da institución provincial, Rafa Domínguez, "cos 8 millóns de euros deste plan, o dobre que na pasada edición, continuamos modernizando os equipamentos deportivos do conxunto da provincia como nunca antes se fixera".

En concreto, o Concello de Pontecesures recibe 94.484 euros para as obras de mellora do pavillón polideportivo municipal, unha achega coa que renovará a pista multideportiva completamente, substituiranse varandas e mellorarase a zona debaixo das gradas; Marín contará con 99.644 € para a instalación de climatización e a substitución da deshumectadora na piscina municipal; Moraña recibirá 100.966 € para construír unha pista deportiva circular para a práctica do atletismo na contorna do campo de fútbol de Mirallos, e Poio 135.457 euros para o proxecto de creación dunha pista multideporte para a práctica de fútbol sala, balonmán ou baloncesto na área recreativa de Vilariño.

Ademais, Gondomar contará con 156.427 euros para a mellora da eficiencia enerxética da iluminación deportiva dos campos de fútbol das Cercas e as Gaiandas coa instalación de novas luminarias led; Mos mellorará as instalacións no complexo deportivo Óscar Pereiro grazas a unha achega de 169.876 €; Moaña recibirá 196.556 € para o proxecto de mellora do pavillón do Rosal, e O Porriño contará con 204.404 euros para o acondicionamento exterior da contorna do seu complexo deportivo, con intervencións nas zonas de aparcamento, dotando novos espazos axardinados e unha nova cuberta para as pistas de pádel.

videos

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":12645301,"groupId":"37861","name":"20250423_jesus-vazquez-almuina_gondomar-santa-baia-donas.jpg","alt":"","title":"20250423_jesus-vazquez-almuina_gondomar-santa-baia-donas.jpg","type":"document","uuid":"b3a21077-9838-787a-64a9-57ecb283b48f","fileEntryId":"12645301","resourcePrimKey":"12645469"}

A Deputación avanza que destinará máis de 1,2 millóns de euros á financiación íntegra da mellora do espazo público na contorna da igrexa e cemiterio de Santa Baia de Donas, en Gondomar

  23/04/2025

{"classPK":12461315,"groupId":"37861","name":"20250327_ricardo martinez_pontecesures.jpg","alt":"O deputado Ricardo Martínez visitou hoxe xunto coa alcaldesa, Maite Tocino, Pontecesures","title":"20250327_ricardo martinez_pontecesures.jpg","type":"document","uuid":"92126fcb-431b-49b9-4f81-4462fbc0b3ce","fileEntryId":"12461315","resourcePrimKey":"12461330"}

A Deputación avanza que financiará o 100% da reordenación funcional e material da rúa Carlos Maside, en Pontecesures, cun orzamento de preto de 440.000 €

  27/03/2025

{"classPK":12428081,"groupId":"37861","name":"20250320_javier_touris_marcos_guisasola_cambados1.jpg","alt":"Os deputados provinciais Javier Tourís e Marcos Guisasola visitaron as instalación","title":"20250320_javier_touris_marcos_guisasola_cambados1.jpg","type":"document","uuid":"0331cba4-14ed-3e95-4a83-e7dc7878d65d","fileEntryId":"12428081","resourcePrimKey":"12428122"}

A Deputación avanza que este venres aprobará 161.000 euros para realizar diferentes actuacións no pavillón polideportivo de San Tomé, en Cambados

  20/03/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.