Uxía Lambona e a Banda Molona ofrecen unha actuación este sábado en Caldas no marco do programa da Deputación Musigal

A banda musical infantil recolle no seu espectáculo, que comezará ás 21:00 horas, os clásicos populares galegos cun estilo propio e persoal

28/07/2023

Uxía Lambona e a Banda Molona ofrecerá este sábado 29 de xullo un concerto especialmente dirixido ao público infantil no Concello de Caldas, ao abeiro do programa provincial Musigal, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia. O concerto terá lugar  ás 21:00 horas na Praza das Palmeiras da vila.

Esta banda de música infantil recolle no seu espectáculo os clásicos populares galegos, aos que dá o seu estilo propio e persoal, pasando por outros moitos temas tradicionais, ou de creación propia, sempre buscando que a cativada presente sexa partícipe do que denominan “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e sorpresas.

Uxía Lambona e a Banda Molona comezaron a súa traxectoria no 2014. A banda está formada pola cantante Uxía; Pali (baixo), Ñoc (batería), Diego (gaita e frauta), Serghaño (guitarra) e Roscón (acordeón). O seu obxectivo en cada concerto é achegar á rapazada a música tradicional galega dun xeito atractivo, cambiando estilos musicais e letras, e tamén temas propios.

Mostrando o intervalo 1 - 3 de 23 resultados.