A deputada provincial Nava Castro asistiu á inauguración do Túnel do Viño de Cambados

03/08/2023

A deputada provincial Nava Castro asistiu esta mañá á inauguración do Túnel do Viño de Cambados organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas no marco da LXXI Festa do Albariño. No Túnel do Viño, situado no Salón José Peña de Cambados, poderanse degustar entre hoxe e o sábado máis de 160 marcas de 66 bodegas, entre viños Rías Baixas da anada 2022, espumosos e elaboracións especiais, nun ambiente calmado e con asesoramento dun sumiller profesional