Ars Longa cerrará as “Noites de Música Antiga” este venres ás 20:00 h en Santa Clara, revisando os Tesouros Musicais de América

Debido á alta demanda da actividade e a capacidade limitada do espazo, o acceso realizarase mediante reserva previa de praza

25/07/2023

Ars Longa

A igrexa do Convento de Santa Clara acolle este venres 28 de xullo ás 20:00 h o segundo concerto das Noites de Música Antiga, que cada verán organiza o Museo de Pontevedra. Ars Longa será a formación encargada de clausurar a XIV edición do ciclo con “Tesouros de América”. O concerto será de balde pero, debido á alta demanda da actividade e a capacidade limitada do espazo, o acceso realizarase mediante reserva previa de praza, escribindo ata o mesmo venres ás 14:00 h a reservas.museo@depo.gal. Indicarase o nome completo e poderanse reservar como máximo dúas prazas por persoa.

Teresa Paz e Aland López crearon Ars Longa en 1994 en La Habana, con intérpretes saídos dos conservatorios da capital cubana e do Instituto Superior de Arte. Os membros da formación dedicáronse á recuperación e estudo do repertorio entre a Idade Media e o Barroco, con especial atención á música do período colonial na América Hispana. Ao longo destas case tres décadas de vida, o grupo actuou en relevantes festivais de música nacionais e internacionais de Europa e América e gravou once álbums dedicados á música do período colonial de España en América.

A formación no concerto en Pontevedra estará composta por Teresa Paz (soprano e dirección), Andrea Trueba (mezzosoprano), Aland López (arquilaúde e guitarra barroca) e Beatriz López (viola da gamba). Interpretarán, co título “Tesouros de América”, un programa que comprende unha ampla e coidada selección de compositores que se moven entre América e España, ben persoalmente ou ben a súa música, integrada como parte do patrimonio da música das cidades do Novo Mundo hispano. Entre pezas vocais e instrumentais, achegarase un repertorio variado e representativo da altura artística que se acadou nos ámbitos relixiosos e profanos, con mestura de ritmos, xiros melódicos e linguas.

PROGRAMA DE TESOUROS DE AMÉRICA

Villancicos, tonos e danzas de arquivos da América dos séculos XVI, XVII e XVIII

Si el Alba Sonora

Tomás de Torrejón y Velasco (España 1644 - Perú 1728) /Archivo arquidiocesano de Guatemala

Fantasía sobre el Canto del Caballero

Bartolomé de Selma y Salaverde (c. 1595 Cuenca - c.1640)/ Canzoni, fantasie et correnti, Venice 1638

De esta Rosa tan bella

Tomás de Torrejón y Velasco

Sussanna Passeggiata

Bartolomé de Selma y Salaverde

Cuando el bien que adoro

Tomás de Torrejón y Velasco

Jácaras

Gaspar Sanz (Calanda, 1640 - Madrid, 1710) / Instrucción de música sobre la guitarra española (Zaragoza, 1674)

Morenita con gracia es Maria

Juan de Araujo (Villafranca, España 1646 - Sucre, Bolivia 1712 ) / Archivo Biblioteca Nacional de Bolivia

Zarabanda

Gaspar Sanz

Tarará qui yo soy Antón

Antonio de Salazar (ca. 1650-1715) / Colección Sánchez Garza. CENIDIM

Cumbées

Santiago de Murcia (Madrid,1673 -1739)/ Códice Saldivar no 4, ca 1730, México

Dadme Albricias   

Eso rigo rerepente

Gaspar Fernández (Guatemala, 1596-Puebla, México,1629) / Archivo Histórico de la Arquidiócesis de Antequera-Oaxaca. Cancionero Musical de Gaspar Fernández

Lanchas para bailar

El diamante

Cachua al nacimiento "Niño il mijor"

La Lata

Cachua al nacimiento de nuestro Señor Jesucristo

Códice Baltazar Martínez Compañón, Trujillo del Perú (1782-1785)

Xicochi conetzintlé

Gaspar Fernández (Guatemala,1596-Puebla, México,1629) / Archivo Histórico de la Arquidiócesis de Antequera-Oaxaca. Cancionero Musical de Gaspar Fernández

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.