Luisa Sánchez asiste ao Foro A Toxa-Vínculo Atlántico
01/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este xoves ao Foro A Toxa-Vínculo Atlántico, cuxa premisa este ano é “Un mundo en desorde”. Esta nova edición, que se celebra entre os días 1 e 3 de outubro, artéllase ao redor de temas que van dende a situación socioeconómica actual ata o espazo xeopolítico dos nosos tempos, pasando pola intelixencia artificial, seguridade ou cohesión territorial. No acto participaron personalidades do panorama político pero tamén persoas do mundo académico, empresarial e social. Luisa Sánchez recalcou a importancia deste tipo de encontros para “apartar as diferenzas e construír un presente e un futuro prometedor para todos, onde todos teñamos cabida aproveitando ao máximo as oportunidades que se presenten”.
