Luisa Sánchez reivindica no Foro DIRCOM Galicia o papel da comunicación para achegar as institucións á cidadanía
04/11/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na inauguración do Foro DIRCOM Galicia, celebrado este mércores en Vigo, onde puxo o foco na importancia de contar con profesionais especializados para mellorar a comunicación das empresas e das administracións públicas. A representante provincial na cidade salientou o interese do programa da xornada e a utilidade destes encontros para que os responsables públicos poidan ser máis próximos á cidadanía grazas ao labor dos especialistas en comunicación.