Luis López participa na procesión da Virxe Peregrina, patroa da provincia, polas rúas de Pontevedra

09/08/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo na solemne procesión da Virxe Peregrina, patroa da provincia de Pontevedra, que saíu ás 21:00 horas do Santuario da Virxe Peregrina e percorreu as rúas do casco histórico da cidade. O presidente estivo acompañado dos vicepresidentes Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, así como de practicamente a totalidade do goberno provincial.

O presidente Luis López asistiu esta mañá á lectura da ofrenda á Virxe Peregrina realizada polo vicepresidente Rafa Domínguez, que tivo lugar durante a misa pontifical celebrada neste mesmo templo organizada pola Confraría Nosa Señora do Refuxio A Divina Peregrina.

Galerias de imaxes