Rafa Domínguez asiste á presentación da tenda en liña da UNED impulsada desde o Centro Asociado de Pontevedra
08/10/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este xoves á presentación da tenda en liña da UNED, cuxo impulso e xestión se deu desde o Centro Asociado de Pontevedra. O vicepresidente lembrou a “estreita colaboración” e a “comunicación directa” entre as dúas institucións “para poñer en marcha numerosas accións ao longo de todo o ano”, polo que asegurou ser “consciente do gran traballo que se realizar desde este centro” e amosouse “feliz de que sexa quen está detrás deste proxecto”. Rafa Domínguez avogou por un “orgullo colectivo das institucións académicas do noso país, como a UNED, que prestan unha educación de altísima calidade e permiten a moitas persoas formarse ao seu propio ritmo, compaxinando estudos e traballo, ou formándose cando xa rematou a súa vida laboral”.


