Luis López asina coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o convenio para investir preto de 1,3 millóns de euros na humanización da contorna histórica de San Martiño

O presidente provincial salienta o compromiso da Deputación para cooperar cos concellos na execución de proxectos estratéxicos que modernizan o espazo urbano

28/07/2025

Luis López coa alcaldesa de moraña

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de asinar o convenio de colaboración coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, para o financiamento do proxecto de humanización da contorna histórica de San Martiño. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Santos selaron un acordo para impulsar a actuación, que ascende a preto de 1,3 millóns de euros que serán financiados pola Deputación de Pontevedra, con 900.000 euros do Plan Extra e outros máis de 184.000 euros do +Provincia, e polo Concello de Moaña, con máis de 190.000 euros.

O proxecto vai mellorar, poñer en valor e recuperar o espazo público para as persoas no conxunto arquitectónico integrado pola igrexa románica do século XII-XIII, os cruceiros e as edificacións da contorna. Neste lugar crearase unha plataforma única con prioridade peonil, porase en valor o empedrado orixinal e dotarase á zona dunha iluminación adecuada e eficiente. A actuación contempla, entre outras cuestións, o acondicionamento e ordenación dos espazos, servizos urbanos e pavimentos; o soterramento da rede de subministro de enerxía eléctrica e telecomunicacións; a mellora da rede de saneamento de auga e a renovación da rede de evacuación e a disposición de nova sinalización e mobiliario urbano, con bancos de granito con luces led, papeleiras e aparcadoiros de bicicletas.

A colaboración da Deputación co Concello de Moaña non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial preto de 2,2 millóns de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Novas relacionadas

{"classPK":13191686,"groupId":"37861","name":"20250729_pazos_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis López co alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero","title":"20250729_pazos_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"e72f4a37-c5d5-3326-fc39-2eefff33aed4","fileEntryId":"13191686","resourcePrimKey":"13192003"}

Luis López asina co alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, o convenio para investir preto de 300.000 euros na mellora da contorna do Campo da Feira de Moscoso

  29/07/2025

{"classPK":13188038,"groupId":"37861","name":"20250728_luislopez_planextra_catoira_jphilippot_02.jpg","alt":"Luis López co alcalde de Catoira","title":"20250728_luislopez_planextra_catoira_jphilippot_02.jpg","type":"document","uuid":"de88d5d5-3d5f-33db-28a7-7c4546fedc01","fileEntryId":"13188038","resourcePrimKey":"13188059"}

Luis López asina coa alcalde de Catoira, Xan Castaño, o convenio para investir máis de 711.000 euros na conexión peonil entre o centro urbano e Pedras Miúdas

  28/07/2025

{"classPK":13185626,"groupId":"37861","name":"20250728_luislopez_planextra_pontecaldelas_jphilippot_03.jpg","alt":"Luis López co alcalde de Ponte Caldelas","title":"20250728_luislopez_planextra_pontecaldelas_jphilippot_03.jpg","type":"document","uuid":"989505b1-a482-4cbc-186d-4fae0c5f387d","fileEntryId":"13185626","resourcePrimKey":"13185638"}

Luis López asina co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, o convenio para investir 1,5 millóns de euros na posta en marcha dun parque termal na vila

  28/07/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.