Presentación da V Carreira contra o Cancro

26/09/2023

A deputada delegada de Igualdade e Benestar Social, Sandra Bastos, participou no concello de Pontevedra na presentación da V Carreira contra o Cancro que promove a Asociación Española Contra o Cancro na cidade. “Desde a Deputación –asegurou a deputada provincial- compartimos ese obxectivo que ten a asociación de que poidamos acadar o 70% de supervivencia das persoas con cancro en 2030 e somos moi conscientes de que para iso é necesario seguir dedicando máis e máis fondos”. Deste xeito, Bastos felicitou á AECC pola iniciativa e animou á cidadanía a participar na carreira e sumar, así, máis participantes que os 1.700 rexistrados o pasado ano.