A Deputación financia integramente a ampliación do saneamento e abastecemento na rúa Muíños de Cea de Vilagarcía de Arousa

O deputado provincial Javier Tourís asistiu este luns ao acto de comprobación do replanteo das obras, que recibiron 92.000 euros € a través da liña 1 do Plan +Provincia

07/11/2025

O deputado provincial Javier Tourís asistiu este venres en Vilagarcía de Arousa

O deputado provincial Javier Tourís asistiu este venres en Vilagarcía de Arousa ao acto de comprobación do replanteo das obras de ampliación do saneamento e abastecemento que se acometerán na rúa Muíños de Cea, que se iniciarán de maneira inminente. Para a súa execución, o organismo provincial aprobou unha achega de 92.000 € con cargo á liña 1 de investimentos do Plan +Provincia, coa que se vai financiar a actuación integramente.

O deputado provincial deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos, que permitirán ao Concello de Vilagarcía de Arousa dotar de saneamento e abastecemento a un núcleo de vivendas situadas na rúa Muíños de Cea, en Carballedo. Trátase dun núcleo no que, debido á rasante da rede de saneamento, non é posible a súa conexión coa mesma por gravidade, por iso a opción é dotar á zona de saneamento e depuración autónoma, e ampliar ademais a rede de abastecemento xeral.

Javier Tourís recordou que neste 2025 Vilagarcía de Arousa recibirá 1,5 millóns de euros a través do Plan +Provincia da Deputación. Neste eido enxalzou este programa que representa "á perfección como traballamos, escoitando, atendendo e dando resposta ás demandas dos concellos para o avance do conxunto da provincia". Tamén asegurou que "plans como este permiten que concellos como Vilagarcía de Arousa poidan afrontar investimentos e impulsar actuacións transformadoras como esta nesta parroquia de Carballedo, que melloran a calidade de vida da veciñanza".

Compromiso con Vilagarcía de Arousa

O goberno de Luis López ten un firme compromiso con Vilagarcía de Arousa. Este mesmo luns a Deputación de Pontevedra estivo neste concello con motivo do acto de comprobación de  replanteo das obras de mellora do firme que se acometerán na rúa Fontecarmoa e dous tramos das travesías Rosalía de Castro, no Carril, que recibiron máis de 60.000 € a través do Plan +Provincia. En Fontecarmoa tamén investiu preto de 3 millóns de euros na mellora do pavillón e das instalacións deportivas. En concreto, destináronse xa 2,1 millóns de euros para a ampliación das piscinas, preto de 425.400 euros para o acondicionamento do interior do pavillón e máis de 164.000 euros para a reforma da pista de atletismo. Ademais, tamén se aprobaron preto de 96.000 euros para o saneamento do camiño da Regueira que conduce a Fontecarmoa, outros preto de 60.000 euros para a instalación de dúas pantallas LED e 8.000 € para instalar butacas no pavillón.

Novas relacionadas

{"classPK":14251434,"groupId":"37861","name":"20251218_JAVIER_TOURIS_PROVINCIA_FONTECARMOA_VILAGARCIA.jpeg","alt":"Mellora do firme na rúa Fontecarmoa e as travesías Rosalía de Castro en Vilagarcía","title":"20251218_JAVIER_TOURIS_PROVINCIA_FONTECARMOA_VILAGARCIA.jpeg","type":"document","uuid":"9d26fc36-51b9-352c-6f15-6344a8fce058","fileEntryId":"14251434","resourcePrimKey":"14251490"}

A Deputación de Pontevedra visita a mellora do firme na rúa Fontecarmoa e as travesías Rosalía de Castro, en Vilagarcía de Arousa

  18/12/2025

{"classPK":14086258,"groupId":"37861","name":"20251128_xuntagoberno_rafaestevez_01.jpg","alt":"Xunta de Goberno","title":"20251128_xuntagoberno_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"f3dbc4ac-dfec-9806-b14a-418bbafcf7ba","fileEntryId":"14086258","resourcePrimKey":"14086276"}

A Deputación aproba destinar unha achega de 200.000 € para que o Concello de Vilaboa mellore o firme en vías municipais en San Martiño e Santa Cristina de Cobres

  28/11/2025

{"classPK":14029666,"groupId":"37861","name":"20251117_ricardo_martinez_clara_campoamor_vilagarcia.jpeg","alt":"+Provincia rúa Clara Campoamor Vilagarcía de Arousa","title":"20251117_ricardo_martinez_clara_campoamor_vilagarcia.jpeg","type":"document","uuid":"3b155981-97d2-4d89-e6a3-3a63dc170c90","fileEntryId":"14029666","resourcePrimKey":"14029682"}

A Deputación participa no acto de reapertura da rúa Clara Campoamor, de Vilagarcía de Arousa, financiada con recursos provinciais

  17/11/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.