Rafa Domínguez participa no Día da Cuestación da Asociación Española Contra o Cancro

07/05/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na rúa Frei Xoán de Navarrete na tradicional Cuestación da Asociación Española Contra o Cancro na capital da provincia. Unha sesión, tal e como remarcou o vicepresidente, “para recadar fondos co obxectivo de avanzar na investigación arredor desta doenza e, deste xeito, sumar esforzos para alcanzar o reto dun 70% de supervivencia no ano 2030”.

Galerias de imaxes