Rafa Domínguez felicita a AMENCER-ASPACE polos seus trinta e catro anos prestando apoio ás familias con persoas con parálise cerebral

19/11/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado da deputada de Benestar Social, Paula Bouzós, acaba de visitar en Lourizán o Centro de Atención Integral AMENCER-ASPACE, que conta coa colaboración da institución provincial para o impulso dos seus proxectos. Domínguez aproveitou a ocasión para agradecer o seu labor prestando atención de calidade ás persoas con parálise cerebral e trastornos neuromotores, defendendo os seus dereitos e dando apoio ás súas familias.