O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, fixo entrega das medallas das probas de paratríatlon da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon

23/09/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, fixo entrega das medallas das probas de paratríatlon da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. Os deportistas gañadores comezaron cun percorrido de 750 metros de natación entre a Ponte dos Tirantes e a pasarela peonil dende a que saíron directamente á zona de transición para comezar coa bicicleta e rematar coa carreira a pé entre Tafisa, Bos Aires, Cobián Roffignac, Cruz Vermella e o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde tivo lugar a entrega de medallas

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.