O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, reúnese coa directiva de APE Galicia para afondar novas liñas de colaboración

11/01/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de reunirse co presidente de Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia), José Ramón Caldas, e coa secretaria do colectivo, Sonia Acuña. Na xuntanza, o vicepresidente e tamén delegado da área de Economía e Impulso ao Emprego na institución provincial, manifestou a vontade do goberno da Deputación de manter proxectos comúns entre ambas entidades e de abordar novas liñas de colaboración conxuntas en beneficio do tecido económico e empresarial da provincia.