Reabre ao tráfico a estrada do Muíño, en Poio, trala reparación realizada pola Deputación

Os servizos técnicos de Infraestruturas completaron en tres días o arraxo do burato que obrigara a cortar a circulación neste viario a pasada fin de semana

15/03/2023

Reabre ao tráfico a estrada do Muíño, en Poio

A estrada provincial EP-0603 O Muíño-Campañó, no concello de Poio, reabriu ao tráfico na mañá deste mércores, despois das obras realizadas polos servizos técnicos da Deputación de Pontevedra para a reparación do burato aparecido na noite do pasado sábado á altura do pq 0+200  e que obrigara a cortar a circulación neste viario.

Como informou o deputado de infraestruturas, Gregorio Agís, que hoxe se achegou ao lugar, desde o pasado luns as brigadas traballaron para a reparación desta avaría, coa apertura transversal no punto da rotura e a substitución da vella canle de drenaxe de pedra existente por unha estrutura prefabricada e con sección suficiente, que agora canaliza as augas pluviais.

As obras completáronse coa restauración do firme, que é provisional, xa que a Deputación ten aberto un expediente de contratación para asfaltar precisamente este tramo da EP-0603.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.