A Deputación de Pontevedra require a Fenosa a reparación inmediata da estrada O Marco–Tomeza polos danos causados nas obras

A institución provincial advirte de posibles sancións se non se restitúe a vía ao seu estado orixinal nun prazo de 15 días

06/04/2026

A Deputación de Pontevedra acaba de remitir un requirimento á empresa UFD Distribución de Electricidad, S.A. (Fenosa) para que proceda de maneira inmediata á reparación dos danos ocasionados na estrada provincial EP-0002 O Marco–Tomeza–Figueirido como consecuencia das obras executadas na mesma.

Segundo consta no expediente tramitado polo Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da institución provincial, detectáronse danos reiterados no dominio público viario entre os puntos quilométricos 0+100 e 1+180, así como deficiencias na seguridade viaria e na limpeza da vía, co que a empresa incumpriu as condicións da autorización concedida.

Neste contexto, o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, subliñou que “é inadmisible que deixaran a estrada no estado no que está”. Domínguez incidiu en que, aínda que “é necesario facer este tipo de obras”, tamén é imprescindible garantir que “a estrada quede no estado no que debe estar, é dicir, nun estado digno”, polo que reiterou que “desde a Deputación esiximos solucións inmediatas”.

A Deputación lembra que este tipo de actuacións constitúen unha infracción moi grave segundo o Regulamento Xeral de Estradas de Galicia, e que a empresa responsable está obrigada non só a reparar os danos causados, senón tamén a repoñer a estrada ao seu estado anterior. Neste sentido, o requirimento establece un prazo de 15 días para a corrección da situación, advertindo de que, en caso de incumprimento, se iniciará o correspondente expediente sancionador, que podería supoñer multas de entre 25.000 e 250.000 euros.

A institución provincial reitera o seu compromiso coa seguridade viaria e co mantemento adecuado da rede de estradas da súa titularidade, e asegura que fará valer todas as ferramentas legais ao seu alcance para garantir o cumprimento das obrigas por parte das empresas que actúan sobre o dominio público.

Novas relacionadas

{"classPK":13974885,"groupId":"37861","name":"20251108_rafa dominguez tomeza1.jpeg","alt":"Rafa Domínguez en Tomeza","title":"20251108_rafa dominguez tomeza1.jpeg","type":"document","uuid":"b4863688-5c60-8530-4136-a31c9b918630","fileEntryId":"13974885","resourcePrimKey":"13975018"}

A Deputación de Pontevedra investirá preto de 1,4 millóns de euros na mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-0002 Marco-Tomeza-Figueirido

  08/11/2025

{"classPK":13201772,"groupId":"37861","name":"20250731_LUIS_LOPEZ_XG310720253.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20250731_LUIS_LOPEZ_XG310720253.jpg","type":"document","uuid":"e1c82664-24d2-5f11-679c-64c0698a821b","fileEntryId":"13201772","resourcePrimKey":"13201788"}

A Deputación aproba o expediente para contratar a mellora da estrada provincial EP-0002 Marco-Tomeza-Figueirido, cun investimento de máis de 1,7 millóns de euros

  31/07/2025

{"classPK":13192531,"groupId":"37861","name":"20250729_rafa dominguez_belen-cachafeiro_estrada-tomeza.jpeg","alt":"O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto coa deputada de Infraestruturas Públicas, Belén Cachafeiro","title":"20250729_rafa dominguez_belen-cachafeiro_estrada-tomeza.jpeg","type":"document","uuid":"12c585ae-cc9a-7a51-ea13-a5ffe995cb7f","fileEntryId":"13192531","resourcePrimKey":"13192588"}

Rafa Domínguez anuncia que este xoves a Deputación aprobará o expediente para contratar a mellora da estrada provincial EP-0002 Marco-Tomeza-Figueirido, cun investimento de máis de 1,7 millóns de euros

  29/07/2025