A Deputación supervisa en Meaño os traballos de conservación de firme na parroquia de Padrenda

A deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, visitou esta actuación ao abeiro do acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria da institución provincial e que xunto coas que se iniciarán proximamente na estrada provincial entre Sanxenxo e Meaño ascenden a preto de 90.000 euros

07/11/2024

Isabel Couselo en Meaño

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación da Deputación de Pontevedra, Isabel Couselo, supervisou este xoves en Meaño as obras que a institución está a acometer na estrada provincial EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro ao seu paso pola aldea da Bouza, na parroquia de Padrenda. Estes traballos están incluídos no lote 3 do acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria da institución provincial e xunto coa intervención  que se iniciará proximamente na estrada provincial entre Sanxenxo e Meaño ascenden a preto de 90.000 euros.

Isabel Couselo sinalou que a actuación que se está a executar nesta infraestrutura de titularidade provincial consiste na reposición da capa de rodadura ao longo de 500 metros (entre os PK 2+500 e 3+000), actuando nuns 3.500 m2, con aglomerado en quente (AC 16 Surf 50/70 S). Os traballos teñen un investimento de 50.000 euros e, como todos os derivados do acordo marco, consisten en operacións ordinarias e localizadas de conservación que permiten corrixir o estado do pavimento das estradas provinciais con degradacións, tales como pavimentos escorregadizos, deformados ou con fisuras.

A deputada provincial informou de que esta é só unha das actuacións que a Deputación de Pontevedra está a executar ou ten previsto executar nas vías provinciais que transcorren por Meaño. Deste xeito, contémplanse varias actuacións na EP-9205 Sanxenxo-Meaño, unha dentro do acordo marco de conservación de firmes (que está previsto que comece nas próximas semanas) e outra no de dotación de cunetas de seguridade. Tamén se actuará no tramo final da EP-9207 Vichona-Dena dentro do acordo marco de cunetas.

Novas relacionadas

{"classPK":13164433,"groupId":"37861","name":"20250722_belen-cachafeiro_visita-estrada-meano.jpeg","alt":"Belén Cachafeiro, xunto co alcalde de Meaño, Carlos Vieitez","title":"20250722_belen-cachafeiro_visita-estrada-meano.jpeg","type":"document","uuid":"4f91a2e1-72d5-3e3c-747e-3ed547d2fab3","fileEntryId":"13164433","resourcePrimKey":"13164445"}

A Deputación supervisa en Meaño as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-9207 A Vichona-Dena

  22/07/2025

{"classPK":11604906,"groupId":"37861","name":"20241113_isabel-couselo_alcaldesa-Marin_estrada-provincial-figueirido-marin.jpg","alt":"Isabel Couselo coa alcaldesa de Marín ","title":"20241113_isabel-couselo_alcaldesa-Marin_estrada-provincial-figueirido-marin.jpg","type":"document","uuid":"3b011734-b1b1-9c40-708a-c3c4240b271f","fileEntryId":"11604906","resourcePrimKey":"11604922"}

A Deputación reúnese co Concello de Marín para avanzar no proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na estrada provincial EP-0019 Figueirido-Marín

  13/11/2024

{"classPK":11600174,"groupId":"37861","name":"20241112_isabel-couselo_alcalde-igrexa-de-fragas.jpg","alt":"A Deputacion visita o Concello de Campo Lameiro","title":"20241112_isabel-couselo_alcalde-igrexa-de-fragas.jpg","type":"document","uuid":"b0a043c7-960d-31a0-a0a4-4b953ffea993","fileEntryId":"11600174","resourcePrimKey":"11600187"}

A Deputación visita o Concello de Campo Lameiro para avanzar no proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na estrada provincial EP-8303 Igrexa de Fragas e outras vías provinciais

  12/11/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.