A Deputación destina 225.000 € á mellora de infraestruturas deportivas en Caldas de Reis e A Lama

O presidente provincial Luis López recordou que “estes recursos enmárcanse no III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que nestas tres edicións distribuíu xa 20 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia”

08/05/2026

A Deputación destina 225.000 € á mellora de infraestruturas deportivas en Caldas de Reis e A Lama

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas por valor de 225.000 € para a mellora de infraestruturas deportivas en Caldas de Reis e A Lama. O presidente provincial Luis López recordou que “estes recursos enmárcanse no III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que nestas tres edicións distribuíu xa 20 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia”.

Deste xeito, a Deputación aprobou destinar a totalidade dos recursos que lle corresponden á Lama no marco do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, 91.000 €, para financiar melloras no seu pavillón polideportivo. Con estes recursos provinciais repararanse as varandas das gradas mediante esmalte de resinas sintéticas, melloraranse os paramentos verticais e renovarase o pavimento cun novo vinílico deportivo, resistente ao desgaste e á sucidade, con pintura plástica e acabado mate.

No caso de Caldas de Reis, serán 135.452,65 € que se corresponden tamén coa totalidade dos recursos que o concello ten á súa disposición a través do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Con esta axuda, a vila contará cun campo de fútbol 7 no espazo deportivo das Corticeiras que se situará sobre a parcela que na actualidade se emprega para acumular material de obra. A actuación suporá gañar arredor de 4.000 m2 para uso deportivo.

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":15378158,"groupId":"37861","name":"20260507_ricardo_martinez_espazo_deportivo_das_corticeiras_caldas.jpg","alt":"A Deputación aprobará esta semana máis de 135.000 \u20ac para dotar o espazo deportivo das Corticeiras, en Caldas de Reis, dun campo de fútbol-7","title":"20260507_ricardo_martinez_espazo_deportivo_das_corticeiras_caldas.jpg","type":"document","uuid":"5d568434-8e9f-6234-565a-2292e25b32f3","fileEntryId":"15378158","resourcePrimKey":"15378202"}

A Deputación aprobará esta semana máis de 135.000 € para dotar o espazo deportivo das Corticeiras, en Caldas de Reis, dun campo de fútbol-7

  07/05/2026

{"classPK":6264845,"groupId":"37861","name":"Estruturas-deportivas-900x600-cast.jpg","alt":"","title":"Estruturas-deportivas-900x600-cast.jpg","type":"document","uuid":"4cffaaa6-98cb-6659-c1a2-75f4723221e0","fileEntryId":"6264845","resourcePrimKey":"15288488"}

A Deputación aproba recursos por valor de máis de 57.000 euros para que o Concello de Lalín instale unha cuberta na zona de xogos do Regueiriño e acometa o peche lateral do campo de fútbol

  29/04/2026

{"classPK":6264860,"groupId":"37861","name":"Estruturas-deportivas-900x600.jpg","alt":"Plan extraordinario de infraestruturas deportivas","title":"Estruturas-deportivas-900x600.jpg","type":"document","uuid":"b10a593c-7fda-c4c0-ee1a-66521021a3c4","fileEntryId":"6264860","resourcePrimKey":"15274860"}

A Deputación aproba recursos por valor de preto de 44.000 euros para que o Concello de Mondariz acometa a reforma da pumptrack

  27/04/2026