Luis López confirma a aprobación de recursos por valor de máis de 4 millóns de euros para a contratación de persoas desempregadas e melloras en infraestruturas de Barro, Marín, Poio e Pontevedra

O presidente detallou que estes recursos forman parte dun paquete máis amplo de axudas que aprobou a Xunta de Goberno provincial, con 2,4 millóns de euros do Plan +Provincia para nove concellos e outros 7,2 millóns para melloras en estradas provinciais de oito concellos

08/05/2026

Luis López confirma a aprobación de recursos por valor de máis de 4 millóns de euros para a contratación de persoas desempregadas e melloras en infraestruturas de Barro, Marín, Poio e Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de confirmar a aprobación de recursos por valor de máis de 4 millóns de euros para a contratación de persoas desempregadas e melloras en infraestruturas e estradas provinciais en Barro, Marín, Poio e Pontevedra. López detallou que estes recursos forman parte dun paquete máis amplo de axudas que aprobou a Xunta de Goberno provincial, con 2,4 millóns de euros do Plan +Provincia para nove concellos e outros 7,2 millóns para melloras en estradas provinciais doutros oito concellos.

No caso do Concello de Barro, esta semana recibe 100.000 euros da liña 3 de fomento do emprego do Plan +Provincia. Con estes recursos que acaba de aprobar a Xunta de Goberno da Deputación, o goberno local contratará un peón de transporte, un condutor, un peón de obra pública, un mantedor de edificios educativos e tres peóns de parques e xardíns.

Pola súa banda, a Marín destinaranse preto de 600.000 € a través da liña 1 de investimentos do +Provincia. Ao detalle, 260.000 € irán dirixidos a financiar a achega municipal para a creación dunha senda peonil accesible e segura na estrada do Pazo, en Ardán, á que a Deputación achegara xa 604.000 euros a través do Plan Extra 2025. Deste xeito, a institución provincial farase cargo da financiación íntegra desta actuación que ascende aos 864.000 euros.

Ademais, a Xunta de Goberno tamén aprobou outros 310.000 euros para que Marín financie a achega municipal para a humanización da rúa Escola de Tiro Naval Janer e a mellora da accesibilidade á Finca de Briz. Unha actuación para a que a Deputación de Pontevedra achegara xa 1,1 millóns de euros a través do Plan Extra 2024 e que se completará con máis de 172.000 euros dos Fondos ENIL.

Preto de 3,4 millóns de euros para melloras de estradas provinciais en Poio e Pontevedra

Ademais dos recursos do Plan +Provincia, a Xunta de Goberno desta semana deu luz verde a recursos por valor de preto de 3,4 millóns de euros para melloras de estradas provinciais en Poio e Pontevedra. “Investimentos para seguir mellorando a rede viaria provincial e reforzar a seguridade para futuras eventualidades, porque os deberes feitos en maio son os que marcan a diferenza en inverno, cando chegan os temporais”, asegurou o presidente Luis López.

Deste xeito, aprobouse o expediente para mellorar as rúas Beiramar e do Castelo, no Concello de Poio, por 1,8 millóns de euros. Trátase dunha actuación de mellora da mobilidade peonil nun tramo situado entre os puntos quilométricos 2+410 e 3+510 da estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308, a través da posta en marcha dun itinerario peonil accesible. Ao detalle, crearanse zonas de estancia e descanso, unha plataforma compartida onde as vivendas impiden implantar a senda peonil, e levaranse a cabo tarefas de rehabilitación do firme. Tamén se disporán zonas axardinadas, colocarase mobiliario urbano e, entre outras actuacións, renovaranse e soterraranse as instalacións.

Por outra banda, a Xunta de Goberno da Deputación tamén aprobou a adxudicación da obra de mellora da estrada de Tomeza, no Concello de Pontevedra, por valor de preto de 1,6 millóns de euros. Neste caso actuarase entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+500 da EP-0002 Marco-Tomeza-Figueirido para a mellora da mobilidade peonil a través dunha senda peonil de 2,5 metros de ancho e zonas de convivencia entre tráfico rodado e peonil, nun tramo atravesado polo Camiño Portugués. As obras contemplan a renovación integral do firme da vía, a instalación de novos sistemas de drenaxe, muros de contención, varanda de seguridade e canalizacións para o futuro alumeado público.

audios

Novas relacionadas

{"classPK":15391867,"groupId":"37861","name":"20260508_xuntagoberno_rafaestevez_03.jpg","alt":"Luis López confirma a aprobación de recursos por valor de preto de 1,7 millóns de euros para melloras en infraestruturas e estradas provinciais de Arbo, Baiona, Mos, As Neves e Redondela","title":"20260508_xuntagoberno_rafaestevez_03.jpg","type":"document","uuid":"9be5d1ad-19b5-5d9d-5000-f0bbd8fd2274","fileEntryId":"15391867","resourcePrimKey":"15392474"}

Luis López confirma a aprobación de recursos por valor de preto de 1,7 millóns de euros para melloras en infraestruturas e estradas provinciais de Arbo, Baiona, Mos, As Neves e Redondela

  08/05/2026

{"classPK":15392422,"groupId":"37861","name":"20260508_conferenciaprensa_rafaestevez_01_cortada.jpg","alt":"","title":"20260508_conferenciaprensa_rafaestevez_01_cortada.jpg","type":"document","uuid":"36e14e72-b066-74e1-6561-d61687f7d26d","fileEntryId":"15392422","resourcePrimKey":"15392438"}

Luis López confirma a aprobación de recursos por valor de preto de 1,5 millóns de euros para melloras en infraestruturas e estradas provinciais en Agolada, A Estrada e Rodeiro

  08/05/2026

{"classPK":15392312,"groupId":"37861","name":"20260508_conferenciaprensa_rafaestevez_04.jpg","alt":"Luis López confirma a aprobación de recursos por valor de máis de 2,2 millóns de euros para melloras en infraestruturas e estradas provinciais de Meaño, Vilagarcía e Vilanova de Arousa","title":"20260508_conferenciaprensa_rafaestevez_04.jpg","type":"document","uuid":"a4893a4d-59d7-75bd-b22e-f8abe2d3c6e0","fileEntryId":"15392312","resourcePrimKey":"15392325"}

Luis López confirma a aprobación de recursos por valor de máis de 2,2 millóns de euros para melloras en infraestruturas e estradas provinciais de Meaño, Vilagarcía e Vilanova de Arousa

  08/05/2026