A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á XI Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca

12/09/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao acto de inauguración da XI Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca, no que participaron o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o presidente da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza. A xornada estenderase ata este venres e servirá para analizar cuestións como a colaboración internacional e a dimensión externa da pesca europea e para afondar na necesidade de adaptar as políticas pesqueiras á garantía de soberanía alimentaria.

Sánchez recordou que este ano a Deputación de Pontevedra colaborou con ARVI para a posta en marcha do Vigo Sea Fest, cunha achega económica que ascendeu a 55.000 euros para dinamizar e promocionar o peixe galego e a industria do mar da provincia.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.