A vicepresidenta Luisa Sánchez nas “Xornadas técnicas sobre comités portuarios”

17/10/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá ás “Xornadas Técnicas sobre comités portuarios” organizadas pola Autoridade Portuaria de Vigo no Edificio de Sesións do Peirao de Transatlánticos de Vigo. Na xornada participou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, xunto co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana.