A Deputación organiza en Catoira unha xornada de difusión sobre comunidades enerxéticas no marco da Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables

A institución provincial explicará este martes o papel das comunidades enerxéticas na mellora da eficiencia enerxética e a transición cara a unha enerxía sostible e responsable

02/06/2025

A Deputación de Pontevedra organiza este martes en Catoira unha xornada de difusión sobre as comunidades enerxéticas da man da Oficina provincial de Transformación Comunitaria +Renovables. Na actividade, que terá lugar na Sala Celso Emilio Ferreiro do Multiúsos de Catoira ás 20:00 horas, explicaráselles ás persoas asistentes que é unha comunidade enerxética, o papel das administracións no seu desenvolvemento e os servizos que ofrece a institución provincial a través deste servizo, que está financiado con fondos Next Generation EU.

A Oficina de Transformación Comunitaria da Deputación +Renovables está situada no Centro de Servizos e Apoio Empresarial de Barro (situado no Polígono de Barro), e trátase dun espazo desde o que se está a fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de comunidades enerxéticas en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, especialmente os concellos de reto demográfico, a súa prioridade. Para conseguilo, o proxecto contempla actividades de difusión, acompañamento, asesoramento, formación e investigación, así como a creación dunha rede de comunidades enerxéticas provincial.

Nestas xornadas de difusión, que recalan este martes en Catoira e están a percorrer os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, dáse a coñecer os servizos da oficina e a figura das comunidades enerxéticas, coa misión de facilitar entre a poboación da provincia a transición enerxética, potenciar a autosuficiente enerxética das vilas e aldeas, mellorar a eficiencia enerxética e contribuír a unha transición cara a un modelo de enerxía máis sostible e responsable.

Desde +Renovables a Deputación acompaña aquelas entidades interesadas en crear unha comunidade enerxética, ofrecéndolles un completo asesoramento nas fases de constitución, desenvolvemento e explotación das comunidades enerxéticas. Durante este tempo axúdaselles a deseñar un proxecto de xeración, ben térmico ou eléctrico, para dar cobertura aos participantes na comunidade enerxética, e tamén se presta asesoramento económico sobre créditos e fórmulas de financiación. Ademais realízanse informes previos de cara á implantación das comunidades enerxéticas que inclúen a análise da capacidade produtiva de enerxía, estudos económicos para coñecer a viabilidade financeira dos proxectos, ou tamén outros de carácter legal e xurídico.

 

Novas relacionadas

{"classPK":13164516,"groupId":"37861","name":"20250722_renovables_rafaestevez_02.jpg","alt":"Luis López ","title":"20250722_renovables_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"db5c5e2a-b25b-d6e4-dc6f-bd9c0a83c8f6","fileEntryId":"13164516","resourcePrimKey":"13164571"}

Luis López confirma que a Deputación impulsará cinco proxectos de eficiencia enerxética en 38 concellos cunha mobilización de 4,26 millóns de euros

  22/07/2025

{"classPK":12791992,"groupId":"37861","name":"20250513_JAVIER_TOURIS_RENOVABLES_LALIN.jpg","alt":"O deputado Javier Tourís, que estivo acompañado polos alcaldes de Lalín e Vila de Cruces, José Crespo e Luis Celso Taboada","title":"20250513_JAVIER_TOURIS_RENOVABLES_LALIN.jpg","type":"document","uuid":"997f1d26-fd64-ed7b-4cbb-4fecd496b877","fileEntryId":"12791992","resourcePrimKey":"12792177"}

A Deputación difunde información en Lalín e Vila de Cruces sobre comunidades enerxéticas no marco da Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables

  13/05/2025

{"classPK":12653122,"groupId":"37861","name":"touris_renovables_covelo_2.jpg","alt":"Tourís no concello de Covelo nunha xornada da OTC","title":"touris_renovables_covelo_2.jpg","type":"document","uuid":"245b4b66-8e97-2e46-50fc-54ebc1d6097f","fileEntryId":"12653122","resourcePrimKey":"12653208"}

A Deputación organiza en Covelo e Mondariz xornadas de difusión sobre comunidades enerxéticas no marco da Oficina de Transformación Comunitaria +Renovables

  27/04/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.