O vicepresidente Rafa Domínguez na presentación do XVII Torneo Deputación de Pontevedra de natación sincronizada

22/05/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de presentación do XVII Torneo Deputación de Pontevedra de natación sincronizada que acollerá o Complexo Deportivo Rías do Sur da cidade o próximo sábado. “É un orgullo e unha alegría poder presumir de que este trofeo chega á súa edición número 17 coa cifra de participación máis alta da súa historia: case 350 rapazas e rapaces de 10 clubs de toda Galicia, catro deles da nosa provincia”, asegurou Domínguez. O vicepresidente tamén aproveitou a oportunidade para remarcar o firme compromiso da Deputación co deporte, con converter á provincia “na cara visible dos grandes eventos deportivos mundiais”, e subliñou a importancia de probas como este torneo, pola súa capacidade de “dinamizar a economía local”.