#INFRAESTRUTURAS

Plan estratéxico. Vías provinciais 2030

Desde a Área de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación de Pontevedra realizouse un proceso de reflexión e análise nos últimos meses, co reto de identificar as principais liñas estratéxicas para o horizonte 2030 e establecer unha folla de ruta das accións que se van acometer.


Como resultado deste proceso, a continuación preséntase o Plan estratéxico 2030 de vías provinciais da Deputación de Pontevedra.

Partimos do coñecemento específico e da experiencia acumulada como entidade local referente en mobilidade e dunha análise rigorosa das nosas infraestruturas e das necesidades vinculadas a elas. A planificación e as estratexias permitirannos melloralas, coa previsión das nosas necesidades futuras e adaptalas ás tendencias de mobilidade e ás estratexias europeas e estatais. Desta forma, contaremos cun instrumento para a planificación, o investimento e a xestión, que partirá dunha serie de directrices e obxectivos e se materializará coa posta en marcha dos proxectos específicos que os desenvolvan.

Conscientes da importancia de facer un uso eficiente dos recursos dispoñibles e das infraestruturas viarias como eixo vertebrador das políticas territoriais, o noso propósito é:

Dispoñer dunha estratexia propia da Área de Infraestruturas e Vías Provinciais e superar as visións centradas nun único factor, que se mostran insuficientes para xestionar adecuadamente as estradas provinciais. 

ODS NOS QUE TEN IMPACTO