Día Internacional das Mulleres

Programación 8M 2026

“A nosa meta: a igualdade”

Baixo o lema “A nosa meta: a igualdade”, a Deputación de Pontevedra presenta unha ampla programación de actividades para conmemorar o 8M en toda a provincia.


27 Febreiro

Presentación da programación do 8M

11:30 h, no Pazo provincial

Campaña institucional do 8M. Instalación de materiais co lema “A nosa meta: a igualdade” nas sedes centrais da Deputación de Pontevedra.

Colocación do panel na porta do Pazo provincial e dunha lona na fachada da sede da Deputación en Vigo
Do 27 de febreiro ao 10 de marzo: iluminación en cor morada das sedes centrais da Deputación de Pontevedra
6 Feb – 13 Mar

Concurso escolar E Ti, que Pensas da Igualdade?

Prazo de presentación de solicitudes da terceira edición do concurso escolar convocado con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres

3 Marzo

Concerto Entre notas e silencios. Mulleres na música

Sede da Deputación en Vigo

Ás 19 h, na Sala Rosalía de Castro

Dentro do XI Festival de Música e das Artes Nas Ondas 2026 do Conservatorio Superior de Música de Vigo

2 – 31 Marzo

Exposición “Proxecto SONMULLER”

Do 2 ao 13 de marzo na sede da Deputación en Vigo

Do 16 ao 31 de marzo no Pazo provincial

3 – 26 Marzo

Exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade no mar”

CEIP A Escardia (Vilagarcía de Arousa)

Novidade: primeira edición dos obradoiros adaptados a educación infantil

A través da historia de Emma, unha rapaza moi curiosa que nos convida a acompañala no seu percorrido pola exposición, o alumnado poderá coñecer o papel que as mulleres veñen desenvolvendo desde sempre na conservación dos océanos e na explotación sustentable dos recursos mariños

Deste xeito, as e os cativos coñecerán os oficios femininos invisibilizados ligados ao mar e poderán achegarse, de maneira lúdica e adaptada a súa idade, aos conceptos de coidado, respecto e responsabilidade ambiental. Haberá diferentes propostas didácticas, incluídas en "A maleta dos océanos", para levar a cabo os obradoiros

Actividades impartidas por Tamara Amorín, profesora da Universidade de Vigo

Mércores Marzo

Programa do 8M. Ciencia en Feminino

Ás 19 h en liña, a cargo do equipo de GCIENCIA

16 Feb – 27 Mar
13 – 14 Marzo

IX Encontro de mulleres xornalistas As Mulleres que Opinan Son Perigosas

Teatro Principal de Pontevedra

Entrega de exemplares da publicación Cen mulleres que opinan. Un diario de opinións perigosas

Desde 16 Marzo

IV Premios #Mulleres que Opinan

Publicación das bases o 6 de marzo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra

Prazo de presentación dos artigos: do 16 de marzo ao 10 de abril de 2026.

Outras Accións

Aquí Faltan Páxinas. Faladoiros

Matilde Vázquez (Cambados), Rita Fernández de Queimadelos (A Cañiza) e Corona González Santos (Mos)

Mural no CP A Lama. Presentación

Presentación por parte da artista Alba Troiteiro

Proxecto “Mulleres de palabra(s)”

Presentación da segunda edición

Mostrando o intervalo 1 - 3 de 22 resultados.