#IGUALDADE

PROGRAMA DE PODCAST 8M
CHARLAS E MESAS REDONDAS

Ciencia en feminino

GCiencia inicia un ciclo de charlas e debates en liña con recoñecidas investigadoras galegas.


Todos os mércores do mes de marzo, ás 19:00 h e en liña, a cargo do equipo de GCIENCIA:

  • O 05/03/2025, entrevista a Mar Capeáns, física de partículas e científica sénior na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), onde leva traballando máis de tres décadas.
    • Conduce: Laura Filloy
    • Presenta: Sandra Bastos Míguez, deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra
    •  Ver en Youtube
  • O 12/03/2025, mesa redonda ”Ser científica no século XXI. O avanzado e o que queda por avanzar”
    • María Tubío Fungueiriño, doutora en Neurociencia e Psicoloxía Clínica e investigadora no Centro de Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
    • María José Ginzo, doutora en estatística. Traballa actualmente no Centro de Investigación en Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga).
    • Cintia Folgueira, doutora en Endocrinoloxía e Nutrición. Actualmente traballa no Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC).
    • Conduce: Gloria Montenegro
    • Presenta: Sandra Bastos Míguez, deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra
    •  Ver en Youtube
  • O 19/03/2025, entrevista a María Loureiro, economista e catedrática da USC. Premio María Josefa Wonenburger en 2024. Un dos seus traballos de maior impacto foi a pericial económica dos danos ocasionados polo Prestige, que presentou a Fiscalía de Medio Ambiente no xuízo sobre o caso.
    • Conduce: Laura Filloy
    • Presenta: Sandra Bastos Míguez, deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra
    •  Ver en Youtube
  • O 26/03/2025, mesa redonda “Máis alá de Marie Curie. Como romper cos estereotipos da científica?”
    • Yasmina Martínez Barciela, entomóloga e investigadora predoutoral na UVigo
    • Marta Castiñeira, doutora en Química Física e investigadora do Centro de Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC
    • Paula Gutiérrez-Muñoz, investigadora do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), Centro Oceanográfico de Vigo e Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)
    • Conduce: Gloria Montenegro
    • Presenta: Sandra Bastos Míguez, deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra
    •  Ver en Youtube

Ligazóns de interese

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.