null Proxecto europeo - PSTD Condado-Paradanta “Unha terra entre ríos”

PSTD Condado-Paradanta “Unha terra entre ríos”

  • Concellos:

    As Neves

    Mondariz

    Mondariz-Balneario

    Ponteareas

    Salceda de Caselas

    Salvaterra de Miño

    A Cañiza

    Arbo

    Covelo

    Crecente

  • Programa:

    Plans de sustentabilidade turística en destinos (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

  • Convocatoria:

    Convocatoria extraordinaria de 2021

  • Fondos:

    Next Generation

  • Órgano responsable:

    Ministerio de Industria e Turismo

  • Data de inicio:

    01/01/2022

  • Data de fin:

    31/12/2024

  • Orzamento elixible Depo:

    1.500.000,00 €

  • Subvención concedida Depo:

    1.500.000,00 €

Proxecto dirixido a desenvolver un novo modelo turístico no Condado-Paradanta orientado á sustentabilidade. O plan, baixo o lema "Unha terra entre ríos", articula os produtos turísticos nas paisaxes dos cursos de auga da comarca. Favorece a dinamización económica e social do territorio, preserva o seu patrimonio natural e cultural, sitúa as persoas no centro da estratexia, xera oportunidades, potencia a participación cidadá, capta visitantes e crea novo tecido produtivo e asociativo con respecto ambiental pola contorna e aos valores do territorio.

A súa posta en marcha contribúe a combater o despoboamento rural e a mellorar a calidade de vida da poboación local. Baixo estas premisas, promoverá o turismo na comarca. Con este plan impúlsase unha mellor articulación do produto turístico nas paisaxes ribeiráns con catro eixes temáticos que engloban diferentes actuacións:

  • Transición verde:
    • Plan director da contorna do castelo de Sobroso.
    • Traballos de renaturalización nas ribeiras dos ríos.
  • Eficiencia enerxética:
    • Plan de iluminación eficiente do patrimonio.
    • Plan integral de mobilidade do destino.
  • Transición dixital:
    • Produto de realidade virtual para a festa do Corpus de Ponteareas.
    • Ferramentas dixitais para a interpretación de castros e pesqueiras.
  • Competitividade:
    • Recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico e melloras para o Centro do Tea.
    • A Festa de Corpus Christi en Ponteareas. Creación do primeiro museo ao aire libre.
    • Plan de mercadotecnia e creación de marca.
    • Configuración e desenvolvemento de novos produtos turísticos sostibles. Centro BTT.
    • Club de produto da lamprea.
    • Apoio ao ente xestor. Coordinación, seguimento e avaliación do plan.

Novas relacionadas

Castelo de Sobroso

A Deputación impulsa o destino Condado-Paradanta cun plan turístico financiado con fondos europeos

  30/06/2026

Luis López confirma que a Deputación investirá máis de 442.000 € na creación do primeiro museo ao aire libre de Ponteareas

  23/01/2026

Luis López en rolda de prensa

A Deputación de Pontevedra adxudica por 155.000 euros o novo museo ao aire libre do Corpus Christi de Ponteareas

  26/12/2025

Xunta de goberno

A Deputación destina 195.400 euros á restauración da senda fluvial do río Tea en Ponteareas

  14/11/2025

Xunta de goberno

A Deputación aproba o expediente para a contratación do novo produto de realidade virtual e museo ao aire libre da festa do Corpus Christi de Ponteareas

  04/07/2025

Pazo provincial

A Deputación e Ponteareas levan a realidade virtual ao Corpus Christi cun novo portal web e un museo ao aire libre por un investimento de case 170.000 €

  13/06/2025

Conferencia de prensa de Luis López

Luis López anuncia un investimento da Deputación de 200.000 euros para restaurar a senda do río Tea en Ponteareas

  23/08/2024

Sinatura  dun convenio entre a Deputación e o GDR Condado Paradanta

Luis López reforza o seu impulso ao turismo coa sinatura dun convenio entre a Deputación e o GDR Condado Paradanta para a creación do Club da Lamprea

  11/05/2024

Luis López na conferencia de prensa

Luis López anuncia a aprobación do novo Plan director de Sobroso, con 1,5 millóns de euros para realzar e poñer en valor o castelo e a súa contorna

  19/04/2024

Pratos con lamprea

A Deputación destina máis de 100.000 euros á promoción da lamprea como recurso turístico no Condado-Paradanta

  15/03/2024

Castro de Troña en Ponteareas

A Deputación destina 70.000 euros á posta en valor dos castros de Troña en Ponteareas e Altamira nas Neves

  02/03/2024