A Deputación afonda na figura de Inmaculada Paz Andrade no terceiro faladoiro de Aquí Faltan Páxinas

Xoana Pintos foi a encargada de impartir a charla, enmarcada na programación do 8M da institución provincial “Seguimos con todas e para todas”

21/03/2024

Nava Castro no faladoiro

A pioneira no ámbito da investigación científica, Inmaculada Paz Andrade, e as súas importantes achegas na loita contra os lumes forestais protagonizaron esta tarde no Edificio Administrativo da Deputación unha nova entrega de Aquí Faltan Páxinas. Este terceiro faladoiro do ciclo, que correu a cargo de Xoana Pintos, forma parte da programación “Seguimos con todas e para todas”, deseñada pola institución provincial para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, “e reafirmar o noso compromiso irrenunciable coa igualdade”, afirmou a deputada provincial Nava Castro.

O faladoiro, que vai acompañado dun podcast do que se pode desfrutar desde hoxe tanto na web da Deputación coma Ivoox e Spotify, lembrou a figura de Inmaculada Paz Andrade, pioneira no ámbito da investigación científica nunha época na que esta aínda estaba reservada case exclusivamente aos homes. Este exemplo e inspiración para todas as xeracións de científicas que viñeron despois dela quería, tal e como recordou Nava Castro, estudar Medicina, pero, “como a súa familia e a inmensa parte da sociedade cría que era unha carreira para homes, desbotou a idea e matriculouse na Facultade de Ciencias, converténdose na persoa que introduciu a especialidade da microcalorimetría en España e na primeira muller catedrática de Física da Universidade de Santiago de Compostela”.

A segunda colección de Aquí Faltan Páxinas, que busca enxalzar a figura de grandes mulleres vinculadas á provincia e relevantes na historia, comezou o pasado mes de febreiro coa figura da pintora Carmen Babiano e continuará ao longo de todo 2024 coas vidas da escritora Avelina Valladares, a política e activista Urania Mella, a combatente María Araujo, a raíña Urraca I de León “A temeraria”, as madriñas de San Simón, a pintora Mercedes Ruibal, a música María Pardo, a fotógrafa Mary Quintero e a mestra e guerrilleira Placeres Castellanos.

Galerias de imagenes

videos

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.