O Plan Concellos completa a rexeneración da contorna da Igrexa de Ermelo, en Bueu

Un investimento de máis de 130.000 euros do Plan da Deputación facilitou a recuperación histórica da zona do templo e a do espazo público para as persoas

10/02/2022

Kickboxing ABP Sport

A igrexa de Ermelo, en Bueu, viu rexenerado o seu entorno tras as actuacións realizadas ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra. Deste xeito, o concello do Morrazo investiu 133.780 euros dos fondos provinciais nunha actuación que contribúe á posta en valor e á recuperación histórica da zona a pro dunha mellora nas infraestruturas, de dotacións e da calidade de vida das persoas. O deputado Santos Héctor e a deputada Raquel Giráldez, achegáronse hoxe á contorna da igrexa xunto ao alcalde de Bueu, Félix Juncal, e o concelleiro de obras, Martín Villanueva, para coñecer de preto as actuacións.

Máis polo miúdo, esta é a segunda fase das obras e con ela complétase un proxecto que contribúe, mediante un espazo universalmente accesible, á recuperación do espazo público polas persoas fronte á dominación do vehículo privado.

Para acadar esta meta, as actuacións centráronse nunha pavimentación uniforme, sen desniveis, na que o espazo está compartido entre as persoas que camiñan e os vehículos dado que o ancho das vías non permite a segregación do tráfico.

Galerias de imagenes