A Deputación informa aos concellos sobre as novas oportunidades de financiamento no marco dos fondos Next Generation

Persoal técnico e político dunha vintena de concellos da provincia recibiu información sobre as axudas de interese para entidades locais do Plan de Recuperación

15/10/2022

A Deputación de Pontevedra segue a avanzar no proceso de apoio, información e asesoramento aos concellos da provincia sobre as oportunidades que existen para entidades locais no marco dos fondos Next Generation EU de recuperación trala covid-19. Desta maneira, desenvolveu unha formación na que tanto persoal técnico coma político dunha vintena de concell0s da provincia puido coñecer de primeira man as convocatorias de axudas abertas ou que se abrirán nos próximo días e meses de interese para os concellos. Desta maneira, os equipos municipais poden planificar con antelación a súa carteira de proxectos e comezar a traballar con marxe suficiente naquelas convocatorias que sexan do seu interese.

A sesión formativa online contou cunha breve presentación do Plan de Recuperación e Resiliencia de España e debullou as convocatorias de axudas que se atopan abertas no momento actual ou que se agarda abran o prazo entre o último trimestre deste ano ou o primeiro do 2023. É a segunda vez que a Deputación desenvolve esta formación, tralo evento que tivo lugar no primeiro trimestre do ano, para facilitarlle aos concellos da provincia o acceso a estes fondos en temas relacionados coa rexeneración urbana, enerxía, mobilidade, medio ambiente, cultura, asuntos sociais e formación, desenvolvemento local, turismo, transformación dixital ou do deporte. Entre elas, destacan algunhas como as axudas para a elaboración de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga, o Programa de Bioeconomía e Xestión Forestal Sostible ou a convocatoria extraordinaria dos Plan de Sustentabilidade Turísticas en Destinos , entre outras.

Ademais, como parte do traballo para achegar as oportunidades de financiamento dos Fondos Next Generation aos concellos da provincia, a Deputación organiza o próximo día 25 outra xornada telemática de carácter formativo que abordará os aspectos técnicos particulares e específicos relativos á xestión de proxectos aprobados no marco do Plan de Recuperación, co fin de resolver dúbidas que o persoal dos concellos poida ter e axudarlles a axilizar a execución dos mesmos.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.