A Deputación aproba máis de 100.000 euros para que o Concello de Vilagarcía de Arousa mellore os campos de fútbol da Pelada e Vilaxoán

Estes recursos enmárcanse no III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e permitirán actuar nos peches de ambos recintos deportivos

10/04/2026

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para que o Concello de Vilagarcía de Arousa mellore os campos de fútbol da Pelada e Vilaxoán

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, deu conta este venres do visto bo a novos recursos do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello de Vilagarcía de Arousa, que recibirá máis de 100.000 euros para actuar nos muros de peche dos campos de fútbol da Pelada e Vilaxoán. Ademais destes recursos para Vilagarcía de Arousa, a Xunta de Goberno do organismo provincial tamén aprobou esta semana outros preto de 500.000 euros para que Pazos de Borbén, O Rosal, Salvaterra de Miño e Vilaboa impulsen e melloren dotacións deportivas baixo o paraugas deste plan provincial.

“Estes son cinco exemplos máis de como o III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que nesta terceira edición está a repartir 8 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, nos está axudando a construír a provincia do deporte na que queremos que se converta Pontevedra”, asegurou o presidente da Deputación.

Coa axuda aprobada na Xunta de Goberno, o Concello de Vilagarcía vai mellorar o muro do campo da Pelada, executando un novo de 30 metros de lonxitude e 2 metros de altura, asentado sobre zuncho de formigón armado. Ademais, pintarase a parte interior de negro seguindo o estilo dos tramos que se atopan en bo estado e procederase a ampliar a cuberta das gradas.

Pola súa banda, no campo de Vilaxoán construirase un novo peche que terá un primeiro tramo de formigón armado na contorna do portalón de entrada. Ao longo da rúa Ameixeiras demolerase ata a terceira fiada (onde se comezaron a detectar os problemas), formarase un zuncho de formigón e reconstruirase o muro con fábrica de bloque.

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.