Luis López e Nava Castro participan na inauguración da LXXI Festa do Albariño de Cambados

02/08/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a deputada provincial Nava Castro asistiron hoxe aos actos de inauguración da LXXI Festa do Albariño de Cambados. Os actos comezaron coa lectura do pregón a cargo de Teatro Caracol no balcón do Concello de Cambados e, a continuación, o presidente participou no corte de cinta que deu por inaugurada a Festa. Por último, Luis López e Nava Castro participaron no percorrido que realizaron as autoridades polos postos de degustación situados no Paseo da Calzada.