Luis López coñece as necesidades e os proxectos da Federación Galega de Automobilismo para levar ao motor a aposta da Deputación polo deporte

31/03/2024

Luis López e Luisa Sánchez recibiron ao presidente da Federación Galega de Automobilismo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta e responsable de Deportes, Luisa Sánchez, recibiron este mércores no Pazo provincial o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, para coñecer os proxectos que o ente federativo ten en marcha e as necesidades do colectivo nestes días previos ao comezo da tempada.

O presidente tendeu a man do Goberno provincial para colaborar coa Federación Galega de Automobilismo en todo o que sexa posible e reafirmou o compromiso da Deputación para exercer como a casa do deporte na provincia. Neste sentido, López recordou o apoio económico e organizativo á organización de probas de automobilismo na provincia coma o Ralli do Cocido ou o Rallye Rías Baixas, así como á participación de escuderías provinciais en competicións de ámbito rexional.