Luis López salienta a mellora das vías municipais que acometerá Rodeiro con máis de medio millón de euros do Plan +Provincia da Deputación

O mandatario provincial explicou que os recursos provinciais, que se aprobarán este venres en Xunta de Goberno, permitirán reasfaltar, mellorar a capa de rodadura, limpar e rozar as marxes de ata 13 camiños municipais en Santa Baia, San Xoán de Camba, A Portela, Fafián, San Salvador, Negrelos e O Az

21/07/2025

Luis lópez visita Rodeiro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta a mellora que está a impulsar o goberno provincial en Rodeiro a través dos recursos do +Provincia. Acompañado polo alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas, o mandatario provincial anunciou que este mesmo venres, en Xunta de Goberno, se aprobará un investimento de máis de medio millón de euros para acometer obras en ata 13 camiños municipais de Rodeiro, grazas á colaboración entre a administración municipal e a provincial. “O obxectivo principal desta actuación é garantir un axeitado acceso ás zonas rurais e, así, mellorar os servizos e a calidade de vida da veciñanza de Rodeiro”, remarcou López.

En liñas xerais, preto de 464.000 euros do Plan +Provincia irán dirixidos a realizar obras en 11 vías de titularidade municipal das parroquias de Santa Baia, Fafián, San Salvador, Negrelos e O Az, onde se executarán resfaltados, limpezas e rozas das súas marxes.  En concreto, En Santa Baia de Camba mellorarase o acceso ao lugar, así como o camiño de Loureiro ao Monte Faro; en Fafián, o acceso a Trasulfe e os camiños entre Covelos e Vilachá; en San Salvador de Camba, o camiño de acceso a parcelas e explotacións, o camiño de San Salvador a Xabalde, un camiño en Xabalde e o acceso á Prarrocha; na parroquia de O Az o camiño de Vilaméa e San Cristovo; e na parroquia de Negrelos o camiño de acceso a parcelas e á explotación en Lama de Mena e o camiño de Lama de Mena a Vilameá.  Ademais, completan os recursos outros 44.000 euros para a mellora da capa de rodadura en camiños de San Xoán de Camba e A Portela.

O compromiso da Deputación co Concello de Rodeiro non se limita unicamente á colaboración neste proxecto de mellora de vías municipais. Este mesmo ano, tal e como recordou o presidente Luis López, destináronse xa 243.000 euros á mellora do alumeado público e 122.500 ás pistas de pádel. Ademais, está previsto dirixir ao longo do 2025 1,4 millóns de euros a Rodeiro para seguir transformando as súas infraestruturas e servizos municipais, con preto de 640.000 euros a través do +Provincia, preto de 90.000 euros a través do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e outros 500.000 a través do Plan Extra

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.