O director do Museo asesora sobre arte rupestre ás cidades finlandesas de Laukaa e Mikkeli

Xosé Manuel Rey fixo hoxe unha presentación no congreso ‘Rock art on the water’ sobre os desafíos dos lugares de arte rupestre ao aire libre apostando por experiencias “slow”

09/06/2022

Arte rupestre en Finlandia

O director do Museo de Pontevedra Xosé Manuel Rey está esta semana en Finlandia para asesorar sobre arte rupestre ás cidades de Luakaa y Mikkeli. Rey forma parte do grupo de expertos convidados ao congreso ‘Rock art on the water’ que se celebra por primeira vez no país nórdico e na mañá de hoxe realizou un relatorio titulado ‘Costas, Ríos e Lagos. A presentación pública de sitios de arte rupestre ao aire libre en Europa: modelos teóricos, solucións prácticas e desafíos futuros’.

Na súa exposición explicou que hai que apostar por presentar a arte rupestre ao público dende unha perspectiva multifocal na que son fundamentais as ideas, as emocións e as experiencias. Subliñou, entre outras cuestións, a necesidade de propoñer unha “oferta slow” na que as persoas visitantes poidan pasear, descubrir e comprender a arte inmersa na paisaxe. Subliñou que para a mediación co público de calquera enclave rupestre son imporatantes tamén elementos complementarios como as exposicións, as visitas guiadas, os obradoiros e ou material para facer a visita de maneira autónoma.

Ademais da exposición teórica no congreso, nestes días o responsable do museo provincial realizou varias visitas a diferentes enclaves de arte rupestre, entre elas ás pinturas de Astuvansalmi, en Mikkeli (Finlandia) xunto ao resto das persoas relatoras e asistentes.

O Museo de Pontevedra está a consolidarse como un lugar de referencia dentro da Arte Rupestre. Dende hai dous anos forma parte ado do Itinerario Cultural do Consello de Europa ‘Camiños de Arte Rupestre Prehistórica’ (CARP), a maior rede internacional para a cooperación en torno á arte dos primeiros europeos, que reúne nestes momentos máis de 150 dos principais destinos de arte rupestre abertos ao público.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 15 resultados.