A Copa Deputación define o seu cadro no grupo de Vigo cunha participación de 65 equipos masculinos
17/11/2026
A sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolleu o sorteo do cadro da Copa Deputación de fútbol do grupo de Vigo para a tempada 2026-27, na que participarán 65 equipos masculinos. Ademais, o torneo contará tamén con 26 conxuntos femininos de toda a provincia. A vicepresidenta e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, avanzou que a competición comezará en decembro e rematará a finais de maio. Ademais, salientou que o reparto de premios será idéntico para os equipos masculinos e femininos. O equipo masculino que se proclame campión obterá o pase á Supercopa Galicia, cuxo vencedor acadará unha praza na Copa do Rei. O acto contou coa presenza do presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, e da directora de Deportes da Deputación, Xisela Aranda.