SmartPeme imparte esta semana dous novos obradoiros

O programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre marketing social e apps de automatización de citas con clientes

19/07/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, propón dúas novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As formacións tratarán temas como estratexias dixitais para entidades do terceiro sector ou apps para axenciar citas con clientes.

Este mércores 20 de xullo a partir das 12:00 horas, Adrián Fernández, Licenciado en  Comunicación Audiovisual impartirá o taller “Marketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector”. Nel ensinará a aplicar as principais estratexias en liña, as ferramentas e as canles máis axeitadas dispoñibles para que as actividades do terceiro sector poidan funcionar no contorno social atendendo aos seus principais obxectivos  e necesidades.

O xoves 21 tamén ás 12:00 horas, a Licenciada en  Publicidade e Relacións Publicas, Fátima Faílde impartirá o obradoiro “Apps para axenciar citas no teu negocio“. Nesta formación ensinarase a xestionar os tempos de organización e a produtividade dun negocio gracias a  ferramentas online que axudan a automatizar os procesos de calendarización de citas.

Mostrando el intervalo 1 - 3 de 26 resultados.