SmartPeme imparte esta próxima semana tres novos obradoiros online

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre edición de vídeo básica, ferramentas de Google para a promoción de negocios locais e infoprodutos

10/04/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre edición de vídeo básica, ferramentas de Google para a promoción de negocios locais e  infoprodutos.

As actividades comezarán o martes 12 cun obradoiro sobre “Edición de vídeo básica: a nova función de Canva” no que Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, ensinará de forma práctica como usar esta nova opción da ferramenta que leva poucos meses en funcionamento.

O mércores 13 de abril ás 12:00h, Laura Carrera, con ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e márketing dixital, falará sobre “Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais”. Farao nun obradoiro no que o obxectivo é dar a coñecer Google My Business e Google Adwords Express, dúas ferramentas que buscan dar unha maior visibilidade aos negocios locais, facilitando as posibilidades da xeolocalización e as procuras dos seus potenciais clientes.

O derradeiro dos obradoiros desta semana tamén terá lugar o mércores, de 17:30 a 19:00 h ,  titúlase  “Infoprodutos: que son e como crealos” e será impartido por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Este taller ten como obxectivo coñecer de preto os infoprodutos e como poden axudan a crear un negocio que se xestiona de maneira automática.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento ou na app.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 12 resultados.