SmartPeme imparte esta semana cinco novos obradoiros online

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos para mellorar ventas online, posicionamento web, creación de blogs turísticos, infoprodutos e ciberseguridade

18/04/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán temas como as ventas e posicionamento web, a creación de un blog turísitco, os infoprodutos e a ciberseguiridade.

Este martes 19 será Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais quen imparta un obradoiro sobre “CRO: Como mellorar as ventas da túa web”, un taller para coñecer o CRO e analizalo para transformar as visitas da nosa web en clientes. Pola tarde María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas amosará como manexar cada unha das ferramentas de Search Console para optimizar  unha páxina web no curso “Mellora o teu posicionamento web con Google Search Console”.

O mércores 20, SmartPeme ofrecerá dous novos  talleres: o primeiro será “Como crear o teu blog turístico” da man de Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo pola USC, no que ensinará como impulsar un negocio turístico gracias á creación dun blog dentro da web. O segundo “Infoprodutos II: Deseña un lead magnet para aumentar os teus subscitores”. Fátima Faílde, con posgrao en Comunicación e Industrias Creativas, complementará o curso da semana anterior explicando como aumentar os contactos dunha base de datos a través dos “lead magnet”.

Finalmente, o xoves 21 o Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, Manuel Freire, impartirá “Ciberseguiridade, contramedidas básicas I” un taller co que se pretende concienciar ós usuarios dos posibles riscos de internet e amosar unha serie de medidas de protección para navegar pola rede de forma máis segura.¡

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 12 resultados.