CLUB DE LECTURA

“O BOSQUE DOS CONTOS”

Canta, miña compañeira

Actividades con inscrición previa. Cada nena ou neno poderá inscribirse nun obradoiro. Inscrición aberta a partir do martes 4 de novembro ás 9 h


Datas: sábados 22 de novembro e 13 de decembro

Hora: 12 h

Idades: a partir de 9 anos

Libro

Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras é unha viaxe desde o tempo e o lugar das pandeireteiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025 ata hoxe.

Canta, miña compañeira

Sinopse:

Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela son os nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesía popular oral, que foi transmitida de xeración en xeración. Grazas a mulleres coma elas chegaron a nós coplas, ritmos, bailes, contos, xogos, remedios e costumes. Sen ese prezado saber, a música galega que escoitas hoxe en día e a literatura que les non serían as mesmas. Por iso, esas mulleres son as homenaxeadas no Días das Letras Galegas de 2025. Este libro é unha viaxe ao seu tempo e ao seu lugar, durante a que descubrirás cousas sorprendentes e coñecerás xente á que, como a ti, a move a curiosidade.

Editora: Edicións Xerais de Galicia

ISBN: 978-84-1110-619-1

Publicación: 16/01/2025

Páxinas: 96

Autora

María Lado

María Lado

María Lado (Cee, 1979) é escritora, tradutora e actriz. Vive entre Vigo e Pontevedra.

Xunto con Llerena Perozo dinamizou o espazo infantil dos programas "Galicia, ceo das letras" e "Nexos para a cultura e o pensamento" para o departamento de Acción Cultural da Cidade da Cultura entre 2012 e 2018. Imparte obradoiros de escrita e guía actividades desde hai máis de quince anos.

Como poeta publicou A primeira visión (1997), Casa atlántica, casa cabaret (Xerais, 2001), Berlín (2005), Nove (2008), Amantes (2011), Oso, mamá, si? (Xerais, 2015) ou Gramo Stendhal (2020). É autora tamén do álbum infantil Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014) e como narradora publicou Entre os dous hai un río (2016). Con Lucía Aldao forma o dúo poético Aldaolado, que publica en 2020 o libro de poemas Ninguén morreu de ler poesía (Xerais, 2020). Con motivo da homenaxe polo Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral, publica o libro infantil Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras (Xerais, 2025).