CLUB DE LECTURA
“O BOSQUE DOS CONTOS”
Hematocrítico ilustrado por Alberto Vázquez
Actividade con inscrición previa. Cada nena ou neno poderá inscribirse nun club de lectura. Inscrición aberta a partir do martes 4 de novembro ás 9 h
Esta actividade procura dous obxectivos básicos: o fomento da aprendizaxe da lectura, entendida como fonte de coñecemento e diversión, e a dinamización da propia exposición, que convida a adestrar a imaxinación e gozar do pracer de ler.
Serán tres clubs de lectura con dúas sesións cada un.
As nais, pais ou titores das e dos menores, ata un máximo de dous, poderán estar presentes nas actividades se o desexan, ben acompañando aos pequenos no desenvolvemento da actividade, ben presenciándoa.
- Número máximo de participantes: 25
- Duración de cada sesión: 90 minutos
- Idades: as recomendadas para a lectura en cada obra
- Lugar: Sede da Deputación en Vigo
- Horario: sábados, de 12:00 a 13:30 h
| Día | Actividade | Idades | |
|---|---|---|---|
| 15 de novembro | Primeira sesión do club, co libro Como escorrentar un lobo - COMPLETO | De 9 a 12 anos | +Info COMPLETO |
| 22 de novembro | Primeira sesión do club, co libro Canta miña compañeira | A partir de 9 anos | +Info |
| 29 de novembro | Primeira sesión do club, co libro Os contos do lobicán - COMPLETO | De 6 a 12 anos | +Info COMPLETO |
| 6 de decembro | Segunda sesión do club, co libro Como escorrentar un lobo. Visita de Antonio Manuel Fraga - COMPLETO |
De 9 a 12 anos | +Info COMPLETO |
| 13 de decembro | Segunda sesión do club, co libro Canta miña compañeira. Visita de María Lado |
A partir de 9 anos | +Info |
| 20 de decembro | Segunda sesión do club, co libro Os contos do lobicán. Visita de Eva Mejuto - COMPLETO |
De 6 a 12 anos | +Info COMPLETO |