A Deputación garante a continuidade na organización e funcionamento dos Campamentos de verán da Lanzada e da Pousada da Lanzada

O organismo provincial, ante a información difundida nos medios de comunicación, traslada unha mensaxe tranquilizadora ás familias das nenas e nenos que van participar nos campamentos e ás persoas usuarias da Pousada

16/06/2026

A Deputación de Pontevedra garante a continuidade na organización e funcionamento dos Campamentos de verán da Lanzada, que comezan o vindeiro domingo 21 de xuño, e da Pousada da Lanzada. O organismo provincial, ante as informacións difundidas nos medios de comunicación sobre o futuro da titularidade dos centros, traslada unha mensaxe tranquilizadora ás familias da nenas e nenos que van participar nos campamentos e ás persoas usuarias da Pousada.

A Deputación de Pontevedra traballa para garantir o funcionamento da Pousada da Lanzada e dos Campamentos de verán da Lanzada, que prestan un servizo fundamental na conciliación da vida laboral e profesional das familias da provincia, coa participación de máis de 1.500 nenas e nenos de todos os concellos. Por estes motivos, a Deputación de Pontevedra reservarse todos os mecanismos administrativos e legais á súa disposición para garantir o funcionamento tanto do Campamento da Lanzada como da Pousada da Lanzada.