A Deputación organiza unha xuntanza con responsables das Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) da provincia para avanzar no impulso de políticas dirixidas á mocidade

O deputado de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, avanzou que o I Plan Estratéxico de Xuventude da Deputación se aprobará proximamente e subliñou algunhas das cuestións que incorpora como a liña de axudas +Xuventude ou En plan ben

11/10/2025

O deputado de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela

A Deputación de Pontevedra organizou unha xuntanza con responsables das Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) da provincia para avanzar no impulso de políticas dirixidas á mocidade. O deputado de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, avanzou que o I Plan Estratéxico de Xuventude da Deputación se aprobará proximamente e subliñou algunhas das cuestións que incorpora como a liña de axudas +Xuventude ou En plan ben.

Cubela subliñou a aposta do goberno provincial pola mocidade, coa creación do primeiro servizo de Xuventude da historia da Deputación de Pontevedra que nestes dous anos de goberno ten investido 2,5 millóns de euros en iniciativas dirixidas ao público xuvenil. Entre outras moitas iniciativas, remarcou o plan +Xuventude, do que este ano se beneficiarán 22 asociacións con recursos que ascenden aos máis de 102.000 euros, e que se enmarca entre as múltiples accións do I Plan Estratéxico de Xuventude da provincia de Pontevedra. “Un plan que guiará as políticas de xuventude do goberno provincial abordando as necesidades e as carencias detectadas tanto na poboación moza como entre o persoal técnico de xuventude dos municipios”, subliñou o deputado.

Para Cubela é fundamental impulsar políticas que xorden de procesos participativos. Neste eido, puxo en valor En plan ben, unha iniciativa centrada na saúde mental e benestar emocional da mocidade que presentou o pasado venres o presidente provincial Luis López e que xurdiu trala demanda formulada por diferentes colectivos da provincia. Por estes motivos, o deputado aproveitou a ocasión para abrir unha quenda de debate na que os responsables e técnicos das OMIX formularon suxestións para seguir poñendo en marcha iniciativas provinciais adaptadas ás necesidades da xuventude.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.