#XUVENTUDE

PLAN +XUVENTUDE

Axudas destinadas á posta en marcha de iniciciativas de interese social, promovidas pola xuventude da provincia de pontevedra durante o ano 2025


A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico, promove a segunda edición desta convocatoria de axudas co obxectivo de proporcionarlles ás asociacións e aos colectivos xuvenís apoio na posta en marcha de proxectos nos que a xuventude participe de forma activa e directa en actividades concibidas por ela mesma e das cales sexa protagonista.

A convocatoria está dirixida a apoiar iniciativas, promovidas por persoas de entre os 18 e os 35 anos de idade e asociacións xuvenís que desenvolvan proxectos que favorezan e promovan o desenvolvemento persoal e comunitario, contribúan ao apoderamento xuvenil, á formación en valores e á consecución de hábitos saudables, e enriquezan a vida social, económica, científica e cultural da provincia. Estas iniciativas e proxectos deben realizarse e idearse durante o ano 2025.

A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos criterios de concesión indicados na base décimo terceira.

Prazo de presentación de solicitudes desde o 17 de febreiro ata o 14 de marzo de 2025.

Poderán ser destinatarios destas subvencións:

  • As asociacións xuvenís prestadoras de servizos dirixidos á mocidade, sen ánimo de lucro, non sometidas a ningún réxime asociativo específico e con sede social ou cunha delegación na provincia de Pontevedra.
  • Os grupos formados por un mínimo de tres e un máximo de oito persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos no momento de presentar a súa solicitude para esta convocatoria, aínda que carezan de personalidade xurídica ao non estar constituídas como asociación, e que propoñan un proxecto de interese xeral e social (son os grupos informais).

As iniciativas presentadas englobaranse nalgunha das seguintes áreas de actuación:

  • Iniciativa empresarial.
  • Vida saudable e loita contra a violencia e conductas de risco.
  • Fomento da cultura en todas as súas áreas e da innovación, así como promoción de sectores coma o científico, tecnolóxico e dixital, as ciencias xurídicas e as sociais.
  • Creación de consellos locais de xuventude e fomento do asociacionismo e do voluntariado xuvenil.
  • Promoción do desenvolvemento e dinamización do medio rural.
  • Protección do medio e loita contra o cambio climático.

A dotación destinada a esta convocatoria é de cento vinte mil (120.000,00) euros, con cargo á aplicación orzamentaria 25/233.2310.480.02, condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da súa concesión. O importe máximo subvencionado por proxecto será de cinco mil (5.000,00) euros.

Novas relacionadas

{"classPK":13744818,"groupId":"37861","name":"20251009_jorgecubela_reunion_xuventude_jphilippot_02.jpg","alt":"O deputado de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela","title":"20251009_jorgecubela_reunion_xuventude_jphilippot_02.jpg","type":"document","uuid":"8994d968-b23c-ccc2-f1e7-a6d8a69d949f","fileEntryId":"13744818","resourcePrimKey":"13745033"}

A Deputación organiza unha xuntanza con responsables das Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) da provincia para avanzar no impulso de políticas dirixidas á mocidade

  11/10/2025

{"classPK":13736497,"groupId":"37861","name":"20251008_edugal_rafaestevez_11.jpg","alt":"Edugal","title":"20251008_edugal_rafaestevez_11.jpg","type":"document","uuid":"43ff6567-4ca1-4c37-ee5e-440beca6f856","fileEntryId":"13736497","resourcePrimKey":"13736513"}

Luis López destaca na apertura de Edugal a aposta da Deputación coa xuventude, á que apoia cun investimento de 1,3M€ e accións como as primeiras axudas +Xuventude

  08/10/2025

{"classPK":13651867,"groupId":"37861","name":"20251001_xuventude_rafaestevez_02.jpg","alt":"Luis López na presentación do Programa de axudas á mocidade da provincia","title":"20251001_xuventude_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"a26797e6-fb67-5133-9384-bfb6e9f59525","fileEntryId":"13651867","resourcePrimKey":"13652021"}

Luis López recoñece o “completo acerto” do +Xuventude, a liña de subvencións que financia con 120.000 euros os proxectos de 22 agrupacións xuvenís da provincia

  01/10/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 14 resultados.