A Deputación reforza en abril a posición das Rías Baixas como o destino de referencia acollendo tres de cada 10 visitantes que recibiu Galicia

A provincia de Pontevedra rexistrou en abril preto dun 3% máis de turistas que no mesmo mes do ano 2025, cun aumento do 5% en residentes nacionais e o turismo estranxeiro representando preto do 43% de todos os visitantes

25/05/2026

A Deputación de Pontevedra confirma un mes máis a posición da provincia como un destino de referencia dentro de Galicia. No mes de abril, Pontevedra acolleu máis de 3 de cada 10 persoas que se achegaron á comunidade, rexistrando un aumento de preto do 3% de visitantes respecto a abril do ano anterior. 

O turismo nacional representou o 57% do total, un incremento de preto do 5% respecto ao ano 2025, mentres que o 43% dos visitantes que recibiu a provincia se corresponden con persoas estranxeiras (máis de 61.000 visitantes). Ademais, en abril, o grao de ocupación hoteleira na provincia medrou en oito puntos respecto ao mesmo mes do ano pasado, sendo destacable o incremento de Vigo (14 puntos máis) ou Pontevedra (10 puntos máis). 

No que respecta ao mes de maio, ata a data, a oficina central de Turismo Rías Baixas (no Palacete das Mendoza, en Pontevedra) recibiu un total de 2.334 visitantes, preto de 500 persoas máis que no mesmo período de 2025. Os turistas españois situáronse en preto do 42%, sendo os lugares de procedencia máis destacados Madrid (9,2%) ou Barcelona (3,1%). Entre os turistas estranxeiros, destacan a Alemaña (7,2%), os EE.UU. (6%) ou Italia (4,8%). O tipo de aloxamento preferido son os hoteis, con máis do 29%, seguidos polos albergues (27%) e os hostais ou pensións (11%). Entre os motivos que subliñan os visitantes para visitar a provincia salientan o Camiño de Santiago (48%) e a oferta de ocio (19%). 

 

Noticias relacionadas

{"classPK":14699034,"groupId":"37861","name":"20260226_turismo_rias_baixas_feira_lisboa_2.jpg","alt":"A Deputación volve á feira BTL de Lisboa tras 20 anos de ausencia para convidar ao público portugués a facer de Rías Baixas \u201ca súa meta, o seu destino\u201d","title":"20260226_turismo_rias_baixas_feira_lisboa_2.jpg","type":"document","uuid":"fdf08002-536b-9162-91c8-1a83f05cbd22","fileEntryId":"14699034","resourcePrimKey":"14699065"}

A Deputación volve á feira BTL de Lisboa tras 20 anos de ausencia para convidar ao público portugués a facer de Rías Baixas “a súa meta, o seu destino”

  26/02/2026

{"classPK":14448891,"groupId":"37861","name":"20260122_LuisLopez_FiturRiasBaixasMetaDestino_Slorenzo_portada.jpg","alt":"","title":"20260122_LuisLopez_FiturRiasBaixasMetaDestino_Slorenzo_portada.jpg","type":"document","uuid":"09db0e8b-2584-0331-4b63-6c0b35ebac6a","fileEntryId":"14448891","resourcePrimKey":"14448204"}

Luis López presenta a campaña “A túa meta, o teu destino” como un convite para “desconectar, conectar e reconectar” da rutina e descubrir Rías Baixas a través do deporte

  22/01/2026

{"classPK":14402379,"groupId":"37861","name":"TRB-WebDEPO-2026-GAL.jpg","alt":"","title":"TRB-WebDEPO-2026-GAL.jpg","type":"document","uuid":"a1fa4299-11ce-a5e4-ba3b-dc6d3f110fd5","fileEntryId":"14402379","resourcePrimKey":"14434941"}

A Deputación participará desde este mércores nunha trintena de actos en Fitur para divulgar a oferta turística da provincia de Pontevedra

  20/01/2026

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.