Luis López anuncia a aprobación do convenio co Concello de Vilanova para a mellora da mobilidade peonil na estrada Baión-András, cun investimento de preto dun millón de euros

A actuación suporá a construción dunha senda peonil na zona inicial da estrada e tamén a execución dunha zona de convivencia

19/07/2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde ao convenio de colaboración co Concello de Vilanova de Arousa para mellorar a mobilidade peonil na EP-9701 entre Baión e András. A obra ten un orzamento de preto dun millón de euros, dos que o 80% (preto de 800.000€) corresponde á Deputación e o 20% restante (preto de 200.000 €) ao Concello, encargado tamén de aportar os case 20.000 euros necesarios para as expropiacións.
 

Estes traballos permitirán poñer fin aos problemas de seguridade viaria nunha estrada na que comparten espazo o denso tráfico rodado co movemento de persoas. “É só un primeiro paso co que comezamos a saldar unha débeda histórica coa veciñanza de Vilanova –asegurou o presidente provincial, Luis López-. E estamos xa en conversacións co Concello para continuar avanzando no seguinte treito desta estrada provincial”.

As obras desenvolveranse nun tramo de 560 metros no inicio da estrada, ao longo do cal se contempla a creación dunha senda peonil de formigón coloreado pola marxe esquerda nos primeiros 500 metros e a creación dunha zona de convivencia entre peóns e vehículos nos últimos 60 metros. Ademais, instalarase unha canle prefabricada de formigón para recoller as augas nos días de chuvia e procederase a realizar os traballos de renovación do aglomerado e realización dunha correcta sinalización horizontal e vertical, entre outras actuacións.

Noticias relacionadas

{"classPK":12981707,"groupId":"37861","name":"20250613_luislopez_xuntagoberno_restevez_01 (1).jpg","alt":"Xunta de Goberno","title":"20250613_luislopez_xuntagoberno_restevez_01 (1).jpg","type":"document","uuid":"922bb0bb-44fd-35ec-5e80-849c0660eee9","fileEntryId":"12981707","resourcePrimKey":"12981722"}

Luis López anuncia a aprobación do expediente para contratar a mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-9701 Baión-András, cun investimento de preto dun millón de euros

  13/06/2025

{"classPK":11526815,"groupId":"37861","name":"20241104_isabel-couselo-javier-touris_EP9701-Vilanova.jpg","alt":"Isabel Couselo, e o deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Javier Tourís, xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán","title":"20241104_isabel-couselo-javier-touris_EP9701-Vilanova.jpg","type":"document","uuid":"e9900d0e-d7b2-42bc-6c5a-bb27bb9c700d","fileEntryId":"11526815","resourcePrimKey":"11527037"}

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora do firme na EP-9701 Baión-András en Vilanova de Arousa

  04/11/2024

{"classPK":9986581,"groupId":"37861","name":"20240715_isabel-couselo-javier-touris-alcalde-Vilanova.jpg","alt":"Isabel Couselo, reuniuse esta mañá co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán","title":"20240715_isabel-couselo-javier-touris-alcalde-Vilanova.jpg","type":"document","uuid":"23f13ded-1bbe-50a7-1241-6b05a42f4f55","fileEntryId":"9986581","resourcePrimKey":"9986448"}

A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Vilanova para seguir avanzando na estrada provincial Baión-András e impulsar novas actuacións en Ousensa e Igrexa de Caleiro

  15/07/2024

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.