Luis López confirma que 229 entidades sen fins de lucro da provincia recibirán 300.000 € para a realización de actividades culturais

“Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia”, remarcou o presidente Luis López quen recordou que “aos 300.000 € que aprobamos hoxe hai que sumar os 200.000 € da nova liña de axudas lanzada a pasada semana para que as agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario”

12/09/2025

Conferencia de prensa Luis López

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a concesión das axudas dirixidas a 229 entidades sen fins de lucro da provincia para a realización de actividades culturais, por valor de 300.000 €. "Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia", remarcou o presidente Luis López quen recordou que "aos 300.000 € que aprobamos hoxe hai que sumar os 200.000 € da nova liña de axudas que aprobamos a pasada semana para que as agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario".

Os recursos, tal e como detallou o presidente, distribúense en dúas liñas. A primeira delas repartirá 250.000 € entre 194 entidades de 41 concellos para organizar actividades de posta en valor do patrimonio inmaterial como festivais de bandas de música, folclóricos, romarías, exposicións, concertos, semanas culturais ou concursos. Pola súa banda, a segunda, dotada con 50.000 €, chegará a 35 entidades de 23 concellos para a participación en festivais, certames ou concursos nacionais e internacionais e intercambios culturais para potenciar o patrimonio musical e cultural fóra de Galicia.

As 229 entidades sen fins de lucro da provincia beneficiarias desta liña de axudas da Deputación recibirán entre 362 € de contía mínima e 2.500 € de máxima. "Así que seguimos, unha semana máis, sumando novas iniciativas e recursos para o impulso da cultura desta provincia extraordinaria", subliñou o presidente Luis  López.

videos

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.